Panahi, Jafar
Panahi, Jafar
Realizador cinematográfico. Formado como documentalista na televisión iraní, exerceu como asistente de dirección de Abbas Kiarostami. Iniciou a súa carreira con Badkonake sefid (O globo branco, 1995), premiada no Festival de Cannes á mellor dirección novel. Da súa filmografía tamén destacan Ayneh (O espello, 1997), premiada no Festival de Locarno; Dayereh (O círculo, 2000), coa que obtivo o Leone d’Oro da Mostra de Venecia; e Talaye sorgh (Ouro carmesí, 2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Mianeh, Irán