Panchatantra

Panchatantra
[LIT]

Escolma antiga de contos da literatura sánscrita (200?), de autor descoñecido. As narracións, en forma de fábula, onde os vicios adoitan tomar forma de animal, rematan a miúdo cunha estrofa gnómica ou aforismo. Estes setenta contos foron concibidos como parte da instrución dos mozos da realeza e constituíron o libro doutrinal do sabio Vichnucharman. Adaptada ao persa (s VI) e traducida ao árabe (750), foi unha das recompilacións fabulísticas de referencia na Idade Media.

Palabras veciñas

pancha | Pancha, illa | panchar | Panchatantra | panchó | pancho -cha | pancitopenia