pancho -cha
(< lat pantĭce)
-
adx
Que se mostra tranquilo, despreocupado ou satisfeito.
-
adx
Que é gordo e barrigudo.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
ollomol.
-
pancho bicudo
[ANIMAL/ICT]
Peixe teleósteo que pode acadar os 30 cm de longo. Presenta un corpo alongado e algo comprimido, a lonxitude do fociño é pouco maior ca o diámetro ocular e ten ollos de tamaño medio co espazo interorbital delgado. Ten os raios da aleta dorsal fortes e o terceiro ou cuarto maior ca os outros, aletas pectorais falciformes e aleta anal escotada. Ten cor rosa nacarada, algo máis escura no dorso, cos flancos prateados e abrancazados na rexión ventral, cunha mancha escura na base das aletas pectorais que ao igual ca o resto de aletas son de cor rosa carne. Vive en fondos areosos e lamacentos en cardumes. A alimentación é omnívora pero principalmente carnívora a base de invertebrados bentónicos, pequenos peixes e crustáceos.