Panero Blanch, Leopoldo María

Panero Blanch, Leopoldo María

Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Juan Luis Panero Blanch, ingresou no Partido Comunista na clandestinidade, polo que foi levado a prisión. Coñecido como o último “poeta maldito” das letras hispánicas, a súa obra caracterízase pola ruptura coas convencións literarias e ideolóxicas, dentro das correntes tremendistas e ultraístas, con composicións marcadas pola melancolía e o rexeitamento existencial. Iniciouse no mundo poético con Por el camino de Swan (1968), ao que seguiron Poemas del manicomio de Mondragón (1987), en que aparecen reflitidas algunhas das súas experiencias nun centro psiquiátrico; Tensó (1997) e Erección del labio sobre la página (2001); ademais dos libros de narrativa En lugar del hijo (1976) e Palabras de un asesino (1992), e o ensaio Prueba de vida. Autobiografía de la muerte (2002).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid