panhelenismo
panhelenismo
(< pan- + helenismo)
s
m
[HIST]
Movemento político grego que, despois da Guerra de Independencia (1829), pretendía estender o dominio territorial grego ás antigas colonias de Asia Menor e da rexión balcánica. Este propósito converteuse nunha realidade ao rematar a Primeira Guerra Mundial durante o goberno de E. Venizelos, pero a resposta de Turquía provocou a derrota grega en 1922. Ao ano seguinte o Tratado de Lausanne puxo fin aos anhelos panhelenistas.