panhipopituitarismo
panhipopituitarismo
(
s
m
[PAT]
Síndrome fisiopatolóxica que se caracteriza por un conxunto de signos e síntomas que revelan o fracaso na secreción das hormonas elaboradas na adenohipófise, con atrofia e hipofunción consecutiva das glándulas endócrinas que están baixo a súa influencia. As súas causas máis importantes son a necrose isquémica hipofisaria por shock hemorráxico posterior ao parto e a destrución hipofisaria producida por tumores cromófobos, por craniofarinxiomas, por granulomas infecciosos e por traumatismos craniais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Simmonds ou síndrome de Sheehan.