2 pano

2 pano
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás linguas pano.

  2. linguas pano [LING]

    Familia de linguas do grupo xe-pano-caribe do phylum amerindio. Divídese en tres grupos principais: o primeiro, que ocupa a conca da beira meridional do Amazonas e as dúas beiras do Ucayali, fálano tribos do grupo chama (conibo, setebo e shipibo); o segundo, que ocupa a conca do río Inambari, nas proximidades de Cuzco, fálano tribos de lingua quechua ou aimará (arasa, atsahuaca, yamiaca e araua); e o terceiro, que ocupa as beiras dos ríos Mamoré, Beni e Madre de Dios, fálano tribos capuibo, chacobo e caripuna.