pantalón
pantalón
(
s
m
Peza de vestir que cobre o corpo da cintura para abaixo, e, separadamente, cada perna, ata os nocellos ou ata unha altura calquera. OBS: Adoita empregarse en plural con significado de singular.
Ex: Sempre leva pantalóns. Non lle gustan os pantalóns curtos.
Citas
- Sempre leva pantalóns. Non lle gustan os pantalóns curtos.
Frases feitas
-
Arrear/Baixar os pantalóns. Defecar.
-
Calzar/Levar/Poñer os pantalóns. Manter alguén a súa autoridade.
-
Ser un caga nos pantalóns. Ser covarde ou medroso.