pantano

pantano

(

  1. s m [XEOG]

    Sector de terreo impermeable e chan, recuberto por unha capa de augas pouco profundas e polo xeral lamacentas. Pódese formar ao longo da costa, formando marismas, ou nas rexións de interior, en zonas endorreicas. Pode ser tamén a fase final dun lago en proceso de extinción. O seu volume de líquido varía segundo as estacións. Se a evaporación é moi forte, en zonas de clima árido, as augas teñen un elevado grao de salinidade. A fauna e a flora teñen que adaptarse a unhas condicións concretas, como os procesos de evaporación, salinidade, variación estacional, lama, desecación e augas pouco profundas. Unha drenaxe eficaz das augas e unhas medidas de saneamento axeitadas son dúas condicións esenciais para unha posterior valoración agrícola e gandeira destes lugares.

  2. s m [ENX]

    Lago artificial de grandes proporcións creado ao interromper o curso dun río ou acrecentar un lago por medio dunha presa. Constrúense para abastecer regos, con obxectivos enerxéticos e de subministro de núcleos urbanos ou industriais, ou para regularizar o curso dos ríos e evitar inundacións.

  3. pantano barométrico [METEOR]

    Área de presión atmosférica relativamente baixa, sen diferenzas importantes de presión duns puntos a outros.

Palabras veciñas

pantalla | Pantallón | pantalón | pantano | Pantano, O | pantanoso -sa | Pantaón