pantomima
(< pantomimo)
-
s
f
[ESPECT]
Representación escénica muda que se basea no xesto e na expresión corporal, frecuentemente acompañada de música. En Grecia era un simple accesorio da danza, e entre os romanos, malia que o mimo era famoso grazas ao tráxico Pílades de Cilicia e ao cómico Batilo de Alexandría, non se estableceu na súa forma definitiva ata a época de Augusto. Ocupou un lugar preeminente na Commedia dell’Arte, sobre todo con Arlequín e Colombina. A ópera cómica do s XVIII tomou dela moitos elementos, e foi J. G. Noverre (1727-1810), director das festas na corte francesa, quen lle devolveu a súa rigorosa natureza de espectáculo sen canto e sen fala. Máis tarde chegaron as formas estilizadas e decorativas de I. Stravinskij, S. Prokof’ev e O. Respighi. Pantomimas famosas son a Petruska de I. Stravinskij ou El sombrero de tres picos de Falla. Xa ben entrada a segunda metade do s XX recuperou as súas características, diferenciándose claramente da danza e do ballet, e centrándose rigorosamente no mimo. Desta época destacan figuras como Étienne M. Decroux, M. Marceau e J. L. Barrault. Nas pantallas cinematográficas quedou inmortalizada grazas ao labor de Charles Chaplin.
-
s
f
Representación que se fai con ánimo de enganar.
-
s
f
Acción ou actitude finxida para enganar a alguén.