Panxón, San Xoán de

Panxón, San Xoán de

Antiga igrexa situada en Nigrán. Datada no s VII, probablemente en tempos dos reis visigodos Vamba ou Recesvinto, dedicouse na súa orixe a san Pantaión. Consérvase un fragmento de muro arredor dun arco de ferradura visigodo, que probablemente se utilizou como entrada á capela maior. O arco sostense por medio de dúas columnas de fustes lisos e capiteis decorados cunha dobre coroa de follas estilizadas. Foi declarada BIC en 1964.

Palabras veciñas

panxoliña | Panxón | Panxón | Panxón, San Xoán de | panza | Panzini, Alfredo | Pao, O