Panzini, Alfredo

Panzini, Alfredo

Escritor e lexicógrafo italiano. De ideas conservadoras, adheriuse formalmente ao fascismo. Foi un escritor de escasa fantasía pero impecable no estilo e un notable narrador, e destacou polo tratamento sarcástico da realidade que o rodeaba. Autor dun moderno dicionario, da súa obra destacan La lanterna di Diogene (1907), Il diavolo nella mia libreria (1920) e Il romanzi d’ambo i sessi (1941).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Senigallia, Marcas

  • Deceso

    Lugar : Roma