2 papa
(
-
s
f
Calquera substancia branda, de consistencia líquida ou pastosa, particularmente se é comestible.
Ex: Acabo de prepararlle unha papa de froitas ao meniño. Fixéronme tomar a papa antes de verme cos raios X.
-
s
f pl
Alimento moi brando que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en leite ou auga. Na tradición oral recóllense ditos como: “Papas e casamento, en quente. Papas e pan, dúas casas desfán. Papas e pan, unha casa desfán; papas e bolo, desfana de todo”.
Ex: Adoecía polas papas de mel que lle facía súa nai.
-
papas de arroz
arroz con leite.
Frases feitas
-
Comerlle as papas na cabeza 1 Ser superior alguén a outra persoa.
-
Non ter papas na boca/na lingua. Dicir abertemente o que se pensa.
-
Pedir papas. Renderse.
-
2 Enganar a alguén con boas palabas.
-
Non ver nin papa. Non ver nada.
-
Ser coma comer papas con fuso. Ser inútil un traballo.