2 papa

2 papa

(

  1. s f

    Calquera substancia branda, de consistencia líquida ou pastosa, particularmente se é comestible.

    Ex: Acabo de prepararlle unha papa de froitas ao meniño. Fixéronme tomar a papa antes de verme cos raios X.

  2. s f pl

    Alimento moi brando que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en leite ou auga. Na tradición oral recóllense ditos como: “Papas e casamento, en quente. Papas e pan, dúas casas desfán. Papas e pan, unha casa desfán; papas e bolo, desfana de todo”.

    Ex: Adoecía polas papas de mel que lle facía súa nai.

  3. papas de arroz

    arroz con leite.

Frases feitas

  • Comerlle as papas na cabeza 1 Ser superior alguén a outra persoa.

  • Non ter papas na boca/na lingua. Dicir abertemente o que se pensa.

  • Pedir papas. Renderse.

  • 2 Enganar a alguén con boas palabas.

  • Non ver nin papa. Non ver nada.

  • Ser coma comer papas con fuso. Ser inútil un traballo.

Palabras veciñas

Paolo Veneziano | Paolozzi, Eduardo | 1 papa | 2 papa | papá | papábel | papabello