papel

papel

(

  1. s m papel de oficio [DER]
    1. s m

      Documento escrito que proba a identidade dunha persoa, a validez dunha cousa ou unha autorización.

      Ex: Xa ten os papeis en regra.

    2. papel de oficio [DER]

      Papel timbrado que o estado facilita a tribunais e procuradores para empregalo en determinadas actuacións.

    3. papel timbrado/selado [DER]

      Papel impreso co selo do Estado, que se usa na redacción dalgúns documentos oficiais.

  2. Sinónimos: billete.
    1. s m [ECON]

      Documento negociable que representa un valor en diñeiro.

    2. s m [ECON]

      Conxunto de valores mobiliarios que se negocia nun mercado.

    3. papel de pagos [ECON]

      Papel timbrado polo Ministerio de Facenda para facer pagamentos ao Estado.

    4. papel do Estado [DER]

      Documentos que emite o Estado recoñecendo créditos a favor dos seus posuidores.

    5. papel moeda [ECON]

      Billete de banco utilizado como medio de pagamento.

      Sinónimos: billete.
    1. Parte dunha obra dramática ou dunha película que debe representar un actor.

    2. Personaxe representado por un actor nunha obra dramática ou nunha película.

  3. s m [PSIC]
    1. Función que cumpre alguén ou algunha cousa.

      Ex: O seu papel é básico para as relacións cos clientes.

    2. [PSIC]

      Comportamento que, nunha sociedade determinada, cómpre esperar dunha persoa en relación coa súa posición ou status social. Considérase o papel social como a actualización dunha posición no curso dunha interacción social. O papel é dificilmente definible como xeneralización, pois está sometido á propia interpretación do actor e o conflito entre os diversos papeis deste.

  4. s m
    1. Forma farmacéutica en desuso. Consistía nun anaco de papel de filtro impregnado cun líquido medicamentoso e deixado a secar. Empregábanse os papeis queimándoos ou aplicándoos mollados sobre a pel.

    2. Dose dun medicamento en pos, repartido en pequenos paquetes de papel.

  5. Forma farmacéutica en desuso. Consistía nun anaco de papel de filtro impregnado cun líquido medicamentoso e deixado a secar. Empregábanse os papeis queimándoos ou aplicándoos mollados sobre a pel.

Frases feitas

  • Facer o papel. Aparentar ou finxir para conseguir algo.

  • Facer un bo papel. Cumprir alguén co seu cometido.

  • Sobre o papel. Na teoría.