billete
(
-
s
m
Tarxeta de papel ou cartón que dá dereito a acceder a un local ou utilizar calquera transporte público.
Ex: Xa reservei dous billetes de avión para ir a Cuba. Xa comprei os billetes para o concerto de Sting.
Confrontacións: entrada. -
s
m
Papel que acredita a participación nunha rifa ou nunha lotería.
Ex: Polo Nadal sempre compramos un billete para o sorteo do Gordo.
-
s
m
[ECON]
Documento monetario, de papel, emitido por un banco co valor do diñeiro de curso legal e que serve como medio xeral de pagamento. Actualmente, a emisión é monopolio dos bancos centrais de cada estado. A súa orixe remóntase ao s XVII. Os comerciantes depositaban as súas moedas nas mans dos banqueiros que estendían a cambio certificados de garantía ao portador. Estes certificados foron adquirindo maior solvencia, e convertéronse en billetes de banco. Os billetes de banco forman parte do pasivo monetario dos bancos centrais, e estes deben evitar unha emisión excesiva para impedir que a relación entre billetes en circulación e reservas monetarias poña en perigo a súa solvencia. OBS: Tamén se coñece co nome de billete de banco.
Ex: Paguei cun billete de dez mil pesetas pero non tiñan cambio na tenda.
-
s
m
[ARTE]
Motivo ornamental que reproduce nunha moldura o axadrezado con pezas cadradas, rectangulares ou cilíndricas nun relevo sobre fondo oco.
-
billete quilométrico
Papel ou cartón que permite percorrer un determinado número de quilómetros nalgún medio de transporte.
Ex: Se queredes visitar tantos lugares o máis barato é un billete quilométrico.