Billet, bilente de
Billet, bilente de
[FÍS]
Dispositivo inventado polo físico francés Félix Billet (Fismes, Champagne 1808 - Dijon, Borgoña 1882), que consiste nunha lente converxente cortada transversalmente pola metade, e coas dúas partes lixeiramente separadas. As ondas luminosas que o atravesan, procedentes dun foco puntual colocado no eixe óptico do sistema, producen bandas de interferencia ao incidir nunha pantalla.