Papeles de Son Armadáns

Papeles de Son Armadáns
[PUBLIC]

Revista literaria mensual publicada en Madrid e Palma de Mallorca a partir de abril de 1956. Cesou en marzo de 1979 (nº 276). Editada baixo a dirección de Camilo José Cela, estivo dedicada á poesía, aínda que tamén publicou traballos de filosofía, escultura e pintura. Cun formato libro, incluíu ensaios e estudos literarios, análises, creacións literarias e orixinais inéditos de numerosos autores galegos, españois e estranxeiros. Nela colaboraron as principais figuras da literatura da época e nalgúns números editáronse monográficos dedicados a Miró, Picasso, Rubén Darío e Valle-Inclán. Baixo este mesmo título creouse unha editorial coa que se publicaron libros de diversos autores.

Palabras veciñas

papeleiro -ra | papelería | Papeles de Literatura Infantil | Papeles de Son Armadáns | papeleta | papelorio | Papen, Franz von