papeleta

papeleta

(

    1. s f

      Papel de pequeno tamaño en que constan formal ou oficialmente determinados datos.

      Ex: Se perdes a papeleta da quiniela non nos dan o premio.

    2. papeleta de empeño [ECON]

      Folla ou cédula que acredita a propiedade do obxecto empeñado, o termo e a cantidade deste empeño.

    3. papeleta de voto [DER]

      Folla ou cédula que a persoa que ten dereito a voto deposita dentro dunha urna dun colexio electoral.

    4. papeleta de exame [EDUC]

      Folla ou cédula que se libra a un alumno que se ten que examinar para que o profesor poña nela a cualificación obtida.

  1. s f

    Asunto difícil de resolver.

    Ex: Métese en leas e despois non sabe como resolver a papeleta.