papiamento

papiamento
s m [LING]

Lingua crioula que se fala en Aruba, Bonaire e Curação (Antillas Neerlandesas). A lingua oficial é o neerlandés, pero o papiamento está moi estendido. Formouse a partir do crioulo afroportugués das illas de Cabo Verde e da Guinea portuguesa, o castelán das Antillas e diversos vocábulos neerlandeses. O papiamento desenvolveuse na illa de Curação a partir de 1500 para permitir que os escravos africanos se puidesen comunicar cos seus donos. Desde 1998 ensínase nas escolas.

Palabras veciñas

2 papexar | 1 papexón -na | 2 papexón -na | papiamento | Papías | Papías, san | papier collé*