Papías, san
Papías, san
Escritor cristián. Bispo de Hierápolis de Frixia, cóntase entre os pais apostólicos. É importante na historia da incipiente tradición testamentaria a causa da súa antigüidade e como autor de Explicación das palabras do Señor, obra hermenéutica sobre os ditos de Xesús Cristo, conservada de forma fragmentaria. A súa festividade celébrase o 25 de febreiro.