Papilio
Papilio
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de bolboretas, da familia dos papilónidos, cunha eiruga verde con aneis transversais negros e puntiños vermellos, e un tentáculo que segrega unha substancia oleosa. Os adultos teñen unha coloración parda con manchas amarelas, azuis e vermellas, e as ás posteriores presentan ocelos. Pertence a este xénero a especie P. machaon, de entre 5 e 8 cm de envergadura, parasita de plantas apiáceas e común en Galicia.