papiliónido -da

papiliónido -da

(< lat científico Papilio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos papiliónidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos papiliónidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polas súas grandes dimensións e as súas cores relucentes. A esta familia pertencen os xéneros Papilio, Iphiclides, Parnassius e Zerynthia, que se poden atopar en Galicia.

Palabras veciñas

Papilio | papilionáceo -a | papilionado -da | papiliónido -da | papilite | papiloma | papilomatose