Papiniano, Emilio
Papiniano, Emilio
Xurisconsulto romano. Exerceu a avogacía e a maxistratura. Foi considerado príncipe dos xurisconsultos romanos, e a denominada lei de citas de Teodosio e Valentiniano III (426) confirmou a autoridade da fonte de dereito da súa doutrina. Das súas obras destacan as Responsa e as Quaestiones.