Papiol, El

Papiol, El

Municipio da provincia de Barcelona, Comunitat Autónoma de Catalunya (3.314 h [2001]). Os principais cultivos de regadío son as hortalizas e as árbores froiteiras. No secaño destacan a viña, as cerdeiras e as amendoeiras. A industria ten como principais sectores o da construción, o químico e o téxtil.