papúa

papúa

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo papúa.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo papúa.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habita en Nova Guinea, na parte occidental de Nova Bretaña e nas illas próximas. Basean a súa subsistencia na agricultura, malia que nalgunhas zonas practican cultivos máis intensivos. O taro, o iñame, o plátano e o arrurruz son os produtos básicos. O porco é o único animal doméstico comestible e ten unha grande importancia ritual. Complementan estas actividades coa caza e a pesca. Adoitan vivir en aldeas e a organización social baséase na patriliñaxe. As súas crenzas relixiosas son de tipo animista e moi a miúdo xiran arredor da noción de mana. Ata a chegada dos europeos practicaban frecuentemente o canibalismo.

  4. s m [LING]

    Grupo de linguas que se falan en Nova Guinea e nas illas adxacentes. Está composto por máis de 60 familias, que inclúen unhas 750 linguas, das que unha ducia están illadas. En liñas xerais, pódese dicir que na zona do Pacífico onde se sitúan as linguas papúas hai dous tipos de familias lingüísticas: a austronésica e a papúa. A primeira esténdese pola costa e as illas adxacentes, mentres que a papúa o fai nas rexións montañosas interiores.