Papus, El

Papus, El
[PUBLIC]

Revista publicada en Madrid a partir do 20 de outubro de 1973. Cesou a súa edición en 1987. Subtitulouse “Revista satírica y neurasténica” e constituíu un fito no humor político da transición española xunto con Hermano Lobo e La Codorniz. Contou cos traballos dos humoristas máis destacados do momento. Ramón Tosas, Ivá, encargouse da revista na súa última etapa, cando a maior parte dos colaboradores xa marcharan, primeiro a Por Favor (1974) e logo a El Jueves (1977). Sufriu dúas suspensións administrativas en catro meses, o secuestro dun número e, o 20 de setembro de 1977, a explosión dunha bomba que puxo un grupo próximo á extrema dereita.

Palabras veciñas

papulación | papullo | papuloso -sa | Papus, El | papuxa | paquebote | paquetaría