Pará
Pará
Estado do N de Brasil (1.253.164 km2; 6.192.307 h [2000]). A súa capital é Belém. Limita ao N coa rexión de Güiana, ao L co Océano Atlántico e os estados de Maranhão e Goiás, ao S co de Mato Grosso e ao O co de Amazonas. Ocupa parte dos escudos paleozoicos de Güiana e de Brasil e a gran conca sedimentaria amazónica, co gran río e numerosos afluentes e canais á dereita e á esquerda. O clima é temperado nas terras altas e húmido e quente nas terras baixas. A principal riqueza é a agricultura. Nas terras baixas hai pastos e nas altas cultívase cacao, cana de azucre, cereais, tabaco e algodón. Posúe minas de ouro, pero non están explotadas.