1 para

1 para

(

  1. prep

    Indica fin, utilidade ou capacidade.

    Ex: Tes que aforrar para mercar o libro. Non vale para nada. O panterlo é para cazar paxaros.

  2. prep

    Indica dirección ou aproximación cara a un lugar.

    Ex: Marchou para a escola.

  3. prep

    Indica tempo exacto ou aproximado.

    Ex: Ten que estar rematado para o venres. Virán para a primavera.

  4. prep

    Indica un prazo ou duración de tempo.

    Ex: Só nos quedan cartos para unha semana.

  5. prep

    Indica falta de proporción entre dous feitos.

    Ex: Para o que sabe xa fixo abondo. O pantalón é moi longo para o neno.

  6. prep

    Expresa o motivo ou a causa de algo.

    Ex: Para que corres tanto?

  7. prep

    Indica, precedido do verbo estar e andar, e seguido dun infinitivo, que a acción está a punto de realizarse.

    Ex: Estabamos para saír cando nos chamaches. Andaban para amañar os papeis.

  8. prep

    Indica a persoa á que se destina unha acción ou coa que se establece unha relación.

    Ex: Esta carta é para ti. Os caramelos son para todos.

  9. prep

    Expresa unha opinión ou unha crenza desde unha perspectiva persoal.

    Ex: Para min que todo isto é un invento. OBS: A preposición para pode presentar a forma reducida pra, e pode contraer co artigo determinado (o, a, os, as), para dar lugar ás formas pró(s), prá(s), aínda que na escrita se prefiren as formas plenas. A pronuncia máis estendida de para é [pɾa].

  10. s f

    Pel que recobre a parte externa de certos tipos de froitos ou tubérculos, especialmente cando se separa ao pelalos.

    Sinónimos: paraza, pelica, plana, tona, monda.
  11. s f

    Fariña que queda pegada á moa do muíño cando se tritura gran pouco seco.

Frases feitas

  • Para que loc conx Indica finalidade. Ex: Eu avísote para que despois non me recrimines nada.

Palabras veciñas

par | par | par(a)- | 1 para | Para | Pará | Pará