par

par

(< lat pare ‘igual’)

  1. adx

    Que é igual ou moi semellante a outro.

    Ex: A súa amabilidade non ten par.

  2. adx

    Que é divisible por dous.

    Ex: Oito e trinta son números pares.

  3. [ANAT]
    1. adx

      Que se corresponde simetricamente con outro.

    2. par cranial

      Cada un dos 12 pares de nervios que se orixinan no encéfalo e que pasan á periferia polos buratos da base do cranio.

    3. par raquídeo

      Cada un dos 31 pares de nervios que parten da medula espiñal.

    1. s m

      Conxunto de dúas cousas, persoas ou animais dunha mesma especie, sen que teñan que ser iguais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amar e reinar non queren par. Cada par co seu par. Todas as aves, cos seus pares”.

      Ex: Quedou a falar cun par de amigos. Onte na feira comprou un par de bois.

    2. s m

      Conxunto de dúas cousas iguais que, por se usaren xuntas ou se complementaren unha á outra, se consideran como unha unidade.

      Ex: Xa vas precisando un novo par de zapatos. Regaloulle un par de pendentes e un par de calcetíns.

      Confrontacións: parella.
    3. s m [COMUN]

      Conxunto formado por dous condutores, illados e enrolados helicoidalmente entre eles, destinado a constituír un circuíto telefónico. Normalmente agrúpase un número variable de pares dentro dunha cuberta común co fin de constituír un cable telefónico.

    4. s m [XEOL]

      Conxunto de dúas medidas dun mesmo ángulo consecutivas e de sentido inverso.

    5. par de estabilidade [MAR]

      Par de forzas que, nunha embarcación afastada da súa posición de equilibrio, está constituído polo peso da embarcación aplicado ao centro de gravidade e pola forza de Arquímedes aplicada ao centro da carena, e que tende a devolvela á posición de equilibrio.

    6. par de forzas [FÍS]

      Sistema constituído por dúas forzas de igual módulo, paralelas e de sentido contrario, e tales que as rectas de aplicación non son paralelas. Un par de forzas caracterízase polo denominado momento de par, que é un vector cun módulo que é produto das forzas de par pola distancia que separa as forzas de aplicación, é perpendicular ao plano de par e o seu sentido é o sentido en que avanza un parafuso que xire no sentido que indiquen as forzas do par.

    7. par motor [TECNOL]

      Momento de xiro que pode transmitir a árbore dun motor á árbore do mecanismo conducido á que está conectado. Xeralmente varía en función do número de voltas da árbore motor segundo unha curva (curva de par) cunhas características diferentes segundo o tipo de motor (térmico, eléctrico ou hidráulico) e, en igualdade de tipos, son particulares en cada motor en concreto; estas curvas son moi importantes de cara á aplicación técnica específica dun motor. A relación entre a potencia P, o número de voltas n e o par M é dada pola expresión M = 9.550 P/n, sendo dadas P en kW, n en rpm e M en Nm. Desta ecuación resulta que, a igualdade de revolucións por minuto, o par aumenta coa potencia, e cando a potencia queda constante, e o par aumenta, o número de revolucións por minuto mingua.

    8. par resistente [TECNOL]

      Par que se opón ao par motor.

    9. par termoeléctrico / [TECNOL/FÍS]

      Dispositivo formado por un par de condutores diferentes unidos por un extremo e baseado no efecto termoeléctrico ou efecto Seebeck. Os pares termoeléctricos teñen diversas aplicacións, as máis importantes as da pirometría, a pila termoeléctrica e nalgúns tipos de amperímetros.

    10. par voltaico / [FÍS/QUÍM]

      Sistema formado por dous electrodos mergullados nun electrólito (ou ben en dous electrólitos comunicados), capaz de producir unha forza electromotriz.

  4. s m [HIST]

    Título de dignidade nalgúns países, que foi variando segundo a época e o lugar. Co feudalismo, eran vasalos dun mesmo soberano que estaban sometidos a deberes idénticos. En Reino Unido esta dignidade aínda se mantén; están divididos en pares espirituais -arcebispos e bispos anglicanos- e pares temporais -nobres-, e forman parte da Cámara dos Lores.

  5. s m [DEP]

    Número de golpes que, no golf, se supón que un xogador precisa para meter a pelota en cada un dos buracos ou ben para percorrer enteiro o campo.

  6. s m [CONSTR]

    Cada un dos madeiros dispostos coa inclinación do tellado, nunha armadura de cuberta, que serve de apoio ás correas.

  7. s m

    Número reducido ou indeterminado de cousas ou persoas.

    Ex: Bótame un par de patacas. Espérame un par de minutos, que agora baixo.

  8. función par [MAT]

    Función f(x) que cumpre f(-x) = f(x).

  9. pref [QUÍM/FÍS]

    Forma prefixada que indica que unha rocha se produce debido ao metamorfismo dunha rocha sedimentaria.

    Ex: parahelio.

  10. pref [QUÍM]
    1. adx

      Que se corresponde simetricamente con outro.

    2. par cranial

      Cada un dos 12 pares de nervios que se orixinan no encéfalo e que pasan á periferia polos buratos da base do cranio.

    3. par raquídeo

      Cada un dos 31 pares de nervios que parten da medula espiñal.

    1. s m

      Conxunto de dúas cousas, persoas ou animais dunha mesma especie, sen que teñan que ser iguais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amar e reinar non queren par. Cada par co seu par. Todas as aves, cos seus pares”.

      Ex: Quedou a falar cun par de amigos. Onte na feira comprou un par de bois.

    2. s m

      Conxunto de dúas cousas iguais que, por se usaren xuntas ou se complementaren unha á outra, se consideran como unha unidade.

      Ex: Xa vas precisando un novo par de zapatos. Regaloulle un par de pendentes e un par de calcetíns.

      Confrontacións: parella.
    3. s m [COMUN]

      Conxunto formado por dous condutores, illados e enrolados helicoidalmente entre eles, destinado a constituír un circuíto telefónico. Normalmente agrúpase un número variable de pares dentro dunha cuberta común co fin de constituír un cable telefónico.

    4. s m [XEOL]

      Conxunto de dúas medidas dun mesmo ángulo consecutivas e de sentido inverso.

    5. par de estabilidade [MAR]

      Par de forzas que, nunha embarcación afastada da súa posición de equilibrio, está constituído polo peso da embarcación aplicado ao centro de gravidade e pola forza de Arquímedes aplicada ao centro da carena, e que tende a devolvela á posición de equilibrio.

    6. par de forzas [FÍS]

      Sistema constituído por dúas forzas de igual módulo, paralelas e de sentido contrario, e tales que as rectas de aplicación non son paralelas. Un par de forzas caracterízase polo denominado momento de par, que é un vector cun módulo que é produto das forzas de par pola distancia que separa as forzas de aplicación, é perpendicular ao plano de par e o seu sentido é o sentido en que avanza un parafuso que xire no sentido que indiquen as forzas do par.

    7. par motor [TECNOL]

      Momento de xiro que pode transmitir a árbore dun motor á árbore do mecanismo conducido á que está conectado. Xeralmente varía en función do número de voltas da árbore motor segundo unha curva (curva de par) cunhas características diferentes segundo o tipo de motor (térmico, eléctrico ou hidráulico) e, en igualdade de tipos, son particulares en cada motor en concreto; estas curvas son moi importantes de cara á aplicación técnica específica dun motor. A relación entre a potencia P, o número de voltas n e o par M é dada pola expresión M = 9.550 P/n, sendo dadas P en kW, n en rpm e M en Nm. Desta ecuación resulta que, a igualdade de revolucións por minuto, o par aumenta coa potencia, e cando a potencia queda constante, e o par aumenta, o número de revolucións por minuto mingua.

    8. par resistente [TECNOL]

      Par que se opón ao par motor.

    9. par termoeléctrico / [TECNOL/FÍS]

      Dispositivo formado por un par de condutores diferentes unidos por un extremo e baseado no efecto termoeléctrico ou efecto Seebeck. Os pares termoeléctricos teñen diversas aplicacións, as máis importantes as da pirometría, a pila termoeléctrica e nalgúns tipos de amperímetros.

    10. par voltaico / [FÍS/QUÍM]

      Sistema formado por dous electrodos mergullados nun electrólito (ou ben en dous electrólitos comunicados), capaz de producir unha forza electromotriz.

Frases feitas

  • A/ao/de/ó par loc adv Ao mesmo nivel. Ex: Ándanche a par unha e mais a outra.

  • De par en par. Aberto por completo. Ex: Abriu a ventá de par en par.

  • 2 Aplícase á cotización de dúas moedas cando a relación de cambio é equivalente á relación entre os contidos de ouro.

  • A pares. De dous en dous.

  • A/ao/de/ó par de loc prep Que está preto de. Ex: Construíu o alpendre ao par da casa.

  • Ao/ó par 1 Aplícase ao valor de cotización ou emisión dun título, cando este coincide co seu valor nominal. Se os dous valores non son iguais, fálase de valores de mercado por riba do par ou por baixo do par respecto dos nominais.

Palabras veciñas

paquistaní | paquiteno | paquivaxinalite | par | par | par(a)- | 1 para