par(a)-
(< grπαρά ‘ao lado de, máis aló, contra’)
-
pref
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ao lado de’, ‘máis aló’, ‘contra’.
Ex: parapsicoloxía, paraplexía. OBS: Cando a palabra á que se une empeza por vogal, adopta a forma par-. Ex: parolímpico.
-
pref
[XEOL]
Forma prefixada que indica que unha rocha se produce debido ao metamorfismo dunha rocha sedimentaria.
-
pref
[QUÍM/FÍS]
-
Forma prefixada que se emprega para indicar que, nun sistema de dous electróns, estes teñen spins de signo oposto.
Ex: parahelio.
-
Forma prefixada que se emprega para facer referencia aos spins nucleares.
Ex: parahidróxeno.
-
-
pref
[QUÍM]
Forma prefixada que, anteposta ao nome dun derivado bencénico disubstituído, indica que os dous substituíntes están unidos a átomos de carbono en posicións relativas 1,4.