par(a)-

par(a)-

(< grπαρά ‘ao lado de, máis aló, contra’)

  1. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ao lado de’, ‘máis aló’, ‘contra’.

    Ex: parapsicoloxía, paraplexía. OBS: Cando a palabra á que se une empeza por vogal, adopta a forma par-. Ex: parolímpico. 

  2. pref [XEOL]

    Forma prefixada que indica que unha rocha se produce debido ao metamorfismo dunha rocha sedimentaria.

  3. pref [QUÍM/FÍS]
    1. Forma prefixada que se emprega para indicar que, nun sistema de dous electróns, estes teñen spins de signo oposto.

      Ex: parahelio. 

    2. Forma prefixada que se emprega para facer referencia aos spins nucleares.

      Ex: parahidróxeno. 

  4. pref [QUÍM]

    Forma prefixada que, anteposta ao nome dun derivado bencénico disubstituído, indica que os dous substituíntes están unidos a átomos de carbono en posicións relativas 1,4.

Palabras veciñas

paquivaxinalite | par | par | par(a)- | 1 para | Para | Pará