Paradela Criado, Álvaro

Paradela Criado, Álvaro

Médico rural e escritor. Coñecido como Amaro Orzán, doutorouse en Medicina pola Universidad de Madrid. Colaborador asiduo de La Voz de Galicia e Ferrol Diario, a súa obra, inconformista e chea de enxeño, ten como obxectivo a eficacia expresiva, coa procura das súas referencias na realidade galega, expresada nunha lingua popular moi achegada á expresión oral. Da súa produción destacan La rosa que canta (1958), Asimetría glandular (1963), Heces afrentosas (1966), Onte é hoxe aínda (1967), Líneas paradelas: por ejemplo (1968), Sabencias (1969), en que inclúe numerosos aforismos; Casi cuentos para desentontecer (1970), Dous contos (1971), La Galicia que duele (1971), en que tenta definir a idiosincrasia galega con humor; Media media dúcia de contos (1972) e Irmaus tolos. Tolerías de tolos (1973). Foi académico correspondente da Real ; Academia Galega. Recibiu o premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por “Luarela ou Raiosol” (1970).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Freixeiro, Santa Comba