paradigma

paradigma

(< lat paradigma < grπαράδειγμα)

  1. s m

    Modelo ou exemplo de algo.

    Ex: Ese neno é un paradigma de comportamento.

  2. [FILOS]
    1. s m

      Modelo perfecto e inmutable da teoría platónica que pertence ao mundo das ideas, á imaxe do que se fan os obxectos do mundo sensible.

    2. paradigma científico

      Marco conceptual de premisas teóricas ou principios metodolóxicos, dentro do que se desenvolve unha ciencia nun momento determinado, na terminoloxía de Th. S. Kuhn.

  3. s m [LING]
    1. Conxunto de formas que serven de modelo para os diversos tipos de flexión nominal (declinación) e verbal (conxugación), segundo a gramática tradicional.

    2. Conxunto de unidades lingüísticas que, segundo a lingüística moderna, manteñen unha relación de posible conmutación dentro da cadea falada, en diversos niveis posibles (fonolóxico: casa, capa, cala, etc; morfolóxico: ensinar, ensino, ensinamos, etc; semántico: ensinar, educar, instruír, formar, etc).