paradigma
(< lat paradigma < grπαράδειγμα)
-
s
m
Modelo ou exemplo de algo.
Ex: Ese neno é un paradigma de comportamento.
-
[FILOS]
-
s
m
Modelo perfecto e inmutable da teoría platónica que pertence ao mundo das ideas, á imaxe do que se fan os obxectos do mundo sensible.
-
paradigma científico
Marco conceptual de premisas teóricas ou principios metodolóxicos, dentro do que se desenvolve unha ciencia nun momento determinado, na terminoloxía de Th. S. Kuhn.
-
s
m
-
s
m
[LING]
-
Conxunto de formas que serven de modelo para os diversos tipos de flexión nominal (declinación) e verbal (conxugación), segundo a gramática tradicional.
-
Conxunto de unidades lingüísticas que, segundo a lingüística moderna, manteñen unha relación de posible conmutación dentro da cadea falada, en diversos niveis posibles (fonolóxico: casa, capa, cala, etc; morfolóxico: ensinar, ensino, ensinamos, etc; semántico: ensinar, educar, instruír, formar, etc).
-