paradigmático -ca

paradigmático -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao paradigma.

  2. relación paradigmática [LING]

    Relación que existe, na memoria dos falantes, entre elementos lingüísticos que se asemellan no seu aspecto fonético, morfolóxico ou semántico. As relacións paradigmáticas pertencen ao dominio do sistema da lingua, son virtuais e en ausencia: opoñen unidades lingüísticas presentes nun enunciado de fala dado con outras unidades ausentes neste enunciado, pero posibles de ser conmutados, segundo a intención expresiva do falante. F. de Saussure denominounas relación asociativa e cita o exemplo de ensinanza. Ensinanza está, desde o punto de vista do radical, en relación paradigmática con ensinar, ensinei, ensinaron, etc; desde o punto de vista do sufixo, en relación paradigmática con esperanza, confianza, etc; desde o punto de vista semántico, en relación paradigmática con instrución, aprendizaxe, educación, etc; desde o punto de vista fónico, en relación paradigmática con balanza, panza, etc.