parador

parador

(< 2 parar)

  1. s m

    Hostal onde paraban a comer e durmir os viaxantes.

  2. s m

    Hotel de luxo que se sitúa en paraxes de interese turístico aproveitando normalmente edificios antigos. A súa orixe está en 1910 cando o goberno encargou a creación dunha rede hoteleira. Entre 1926 e 1928 construíuse o primeiro parador na serra de Gredos, contando co apoio do Rei Afonso XIII. Están integrados na sociedade Paradores. OBS: Tamén se denomina parador nacional de turismo ou parador de turismo.

Palabras veciñas

parado -da | paradoira | paradoiro | parador | paradoxal | paradoxismo | paradoxo