paradoxo
(
-
s
m
-
Idea contraria á opinión común.
-
Aserción inverosímil pero con aparencia de verdadeira.
-
-
s
m
[FILOS]
Enunciado ou razoamento que leva a dúas conclusións mutuamente contraditorias pero que de ningunha das dúas se pode prescindir. Normalmente identificable coa antinomía e mesmo coa aporía, o paradoxo ten un significado máis amplo. Estes paradoxos que fan unha autorreferencia adoitan ser típicos nos paradoxos semánticos ou lingüísticos. En canto aos que derivan da aceptación de dúas premisas, pódese dicir que non son propiamente paradoxos, porque ou ben as premisas carecen de precisión ou ben son falsas. Outros son os matemáticos cun resultado falso pero demostrado cientificamente, como os de Zenón de Elea (o paradoxo de Aquiles e a tartaruga), Cantor, ou o dobre paradoxo de Russell.
-
s
m
[LIT]
Figura retórica que consiste en empregar expresións aparentemente contraditorias.
-
paradoxo dos xemelgos
[FÍS]
paradoxo dos xemelgos.
-
paradoxo hidrostático
[FÍS]
Paradoxo que consiste no feito de que cantidades moi diferentes dun líquido introducidas en recipientes diferentes poden producir, sobre o fondo dos respectivos recipientes, a mesma presión, se as formas destes son as adecuadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].