Parajanian, Sarkis

Parajanian, Sarkis

Realizador cinematográfico xeorxiano. Coñecido como Sergei Paradjanov, obtivo unha gran repercusión internacional grazas ao tratamento visual onírico e barroco do filme Teni zabytych predkov (A sombra dos devanceiros olvidados, 1964). Da súa filmografía posterior destacan Sayat Nova (A cor da milgranda, 1969), Legenda o Suramskoj kreposti (A lenda da fortaleza de Suram, 1984) e Ashugi Qaribi (A antiga lenda do Cáucaso, 1988).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tbilisi

  • Deceso

    Lugar : Erevan