paralelismo

paralelismo

(< paralelo)

  1. s m [MAT]

    Calidade de paralelo.

  2. s m

    Correspondencia ou concordancia por semellanza entre dúas persoas ou cousas.

    Ex: Existe un paralelismo entre as súas vidas.

  3. s m [LIT]

    Recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura semántica ou sintáctica con pequenas variacións. Cómpre distinguir catro tipos de paralelismos: o sintáctico, en que se repiten construcións complexas formadas por un verbo e os seus complementos; o léxico, en que aparecen repetidos elementos léxicos conectados entre si semanticamente; morfolóxico, en que se repiten os morfemas; e fonolóxico, onde se repiten os fonemas. No apartado literario, en poesía é mester distinguir entre paralelismo sinónimo, cando entre versos paralelos se repite a mesma idea; paralelismo antitético, en que se expresan ideas contrapostas en versos paralelos; e paralelismo sintético, en que, en versos paralelos, o segundo completa o sentido do primeiro.

  4. s m [INFORM]

    Capacidade de executar simultaneamente operacións similares ou comparables.

  5. s m [FILOS]

    Doutrina que nega toda relación causal entre materia e espírito e afirma a independencia e coincidencia dos fenómenos propios da realidade física e dos que pertencen ao ámbito psíquico. Modalidades diferentes desta doutrina son o ocasionalismo de Malebranche, a teoría de Spinoza de que a extensión e o pensamento non son senón dous modos finitos da única substancia existente, a infinita, e a harmonía preestablecida de Leibniz. OBS: Tamén se denomina paralelismo psicofísico.