paralelo -la

paralelo -la

(< lat parallēlos < grπαράλληλος)

  1. adx [MAT]
    1. Aplícase aos planos que, ou ben coinciden totalmente, ou ben non teñen ningún punto en común.

    2. Aplícase á unha recta ou a un plano que, ou ben a recta está contida no plano, ou ben non teñen ningún punto en común.

    3. Aplícase ás rectas que teñen a mesma dirección. No plano, se dúas rectas non se cortan, son paralelas.

  2. adx
    1. Que vai en igual dirección, que mantén a mesma distancia ou que tenden ao mesmo resultado.

      Ex: Realizaron traballos paralelos.

    2. Que algo ocorre ao mesmo tempo ca outra cousa.

      Ex: Desenvolveuse un congreso paralelo ao oficial.

  3. s m
    1. Comparación que se fai entre dúas persoas ou cousas.

      Ex: Ese problema non ten paralelo con ningún outro.

    2. [LIT]

      Comparación en que se resaltan as semellanzas ou diferenzas entre dous personaxes. Foi un exercicio retórico familiar na Antigüidade.

    3. [LIT/RELIX]

      Comparación de dous ou máis textos que permite ver neles a semellanza de ideas ou de expresión. Algunhas edicións da Biblia publican os paralelos de cada versículo ou os máis importantes.

  4. s m [XEOG]

    Cada un dos círculos máximos da Terra paralelos ao ecuador. OBS: Tamén se denomina circulo paralelo.

  5. paralelo celeste/de declinación [ASTRON]

    Cada un dos círculos da esfera celeste que están determinados pola intersección dun plano paralelo ao ecuador coa esfera celeste. Os puntos que están situados sobre un paralelo celeste teñen todos a mesma declinación.

  6. paralelo de altura [ASTRON]

    Círculo da esfera terrestre que está determinado pola intersección dun plano paralelo ao horizonte coa esfera celeste. Os puntos situados sobre un paralelo de altura teñen todos a mesma altura.

  7. en paralelo [FÍS]

    Disposición dunha serie de elementos similares, de xeito que os bornes da mesma polaridade ou homólogos se conectan entre eles, e daquela a corrente total exterior repártese entre as diversas ramas formadas.