Páramo
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un carballo de sinople coas pólas sinistras suxeitando unha alcandora en que se pousa un falcón que leva pendurada nas garras unha manopla. Outra variante leva, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata que empuña na man destra unha espada tamén de prata, e xinete nun cabalo branco; bordo de prata cargado de catro castelos de azul, que alternan con catro leóns rampantes de goles, partindo dun león no cantón destro do xefe. Outra variante leva, en campo de prata, un carballo de sinople; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outra variante leva, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en dúas faixas de tres e dúas. Outra variante leva, en campo de sinople, un león rampante da súa cor, acompañado de tres panelas de ouro, unha no centro do xefe e unha en cada flanco.