parasito -ta

parasito -ta

(< lat parasītu < grπαράσιτος ‘comensal’)

  1. adx e s m [BIOL]

    Que vive e se nutre, temporal ou permanentemente, de substancias producidas ou inxeridas por outro ser vivo, que recibe o nome de hospedador ou hospedeiro.

  2. adx e s m

    Que ou quen vive a conta dos demais.

  3. adx e s m pl [FÍS/COMUN]

    Aplícase ao sinal perturbador que pode afectar o funcionamento dun sistema de transmisión, de gravación ou de reprodución de información. As causas son diversas (tormentas eléctricas, dispositivos eléctricos que chispean) e os efectos maniféstanse con asubíos e chirlos (nos sistemas de audio) e con imaxes turbias ou neve (nos sistemas de vídeo).

  4. fonema parasito [LING]

    Fonema inorgánico e non etimolóxico.