parasitoloxía

parasitoloxía

(< parasito + -loxía)

s f [BIOL/MED]

Parte da bioloxía que trata dos parasitos de toda clase e da relación destes co hospedador, aínda que na práctica se limita aos protozoos, helmintos e ectoparasitos, deixando de lado os outros microorganismos, a pesar de seguir sendo considerados parasitos por definición. Algúns autores inclúen tamén os fungos parasitos.

Palabras veciñas

parasiticida | parasitismo | parasito -ta | parasitoloxía | parasitolóxico -ca | parasitose | parasol