Pardo, casa do

Pardo, casa do

Construción que está situada en Ons (Brión). É de planta rectangular e dúas alturas, con muros e cornixa de cantaría, e está cuberta de tella a catro augas. Conta cunha cheminea na fachada posterior, con dúas gárgolas.