Pardo, El

Pardo, El

Antigo municipio da Comunidad de Madrid, incorporado a Madrid en 1951. Lugar de cazarías reais, construíuse un primeiro palacio en 1405. Entre 1547 e 1558 edificouse o palacio actual, reformado definitivamente en 1772. Foi residencia do xeneral Francisco Franco (1939-1975) e é museo e residencia dos xefes de estado estranxeiros en visita oficial a España.