Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo

Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo

Historiador. Doutor en Historia Medieval pola Universidad Complutense de Madrid (1984), traballou en varios proxectos de investigación relacionados coa diplomática e a heráldica, e fixo traballos por encargo da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié de la Maza ou a Deputación de Lugo. Foi director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento desde 1994, investigador do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e vicepresidente da comisión de heráldica da Xunta de Galicia desde 1993. Escribiu Manual de Heráldica Española (1987 e 2000), Palos, Fajas y Jaqueles. La fusión de armerías en Galicia en los siglos XIII al XVI (1996), Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. Mecenas y político (1997), Emblemas Municipais de Galicia   I-II, e Los señores de Galicia (2000). Membro do Consello da Cultura Galega desde 1995 e da Real Academia de la Historia, é membro titular da Académie Internationale d’Heraldique e da Académie Internos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ponteceso