Paredes Romero, Casiano

Paredes Romero, Casiano

Pianista e compositor. Estudou piano e harmonía en Vigo e, en 1946, trasladouse a Madrid para continuar os estudos musicais no Real Conservatorio. Despois comezou unha serie de concertos en solitario que, a partir de 1960, realizou acompañado dun grupo de música lixeira. En 1973 conseguiu unha praza como profesor de piano no Conservatorio de Varkaus e, posteriormente, exerceu a docencia noutros conservatorios finlandeses, como o de Kokkola e o de Joensuu. Das súas composicións destacan Suite Antigua, Fanfari e os ciclos sobre Cantares Gallegos e Follas Novas. Recibiu o Primeiro Premio de Piano do Real Conservatorio de Madrid (1951).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Mondariz

  • Deceso

    Lugar : Balneario