paréntese

paréntese

(< lat parenthĕse)

  1. [LING]
    1. s f

      Elemento accesorio que se insire no corpo dun enunciado e que proporciona algún dato, aclaración, precisión ou información sintética de maneira xustaposta, co que pode non gardar estrita relación gramatical.

    2. s f

      Signo de puntuación ( ) en que se encerra ese elemento accesorio.

    3. paréntese cadrada

      corchete.

  2. s f [MAT]

    Cada un dos signos ortográficos que se empregan para indicar que as operacións alxébricas escritas entre ambos os dous signos teñen prioridade respecto das outras operacións que poida haber fóra ou ben para indicar cales son as variables dunha función.

  3. s f

    Suspensión ou interrupción temporal de algo.

    Ex: Fixeron unha paréntese no traballo para tomar un café.

Palabras veciñas

parentela | parenteral | parentesco | paréntese | parentético -ca | Parentucellia | paresia