Parga, casa-torre de
Parga, casa-torre de
Construción situada en Recaré (O Valadouro). Ten planta cuadrangular. Á esquerda da porta da fachada principal, sitúase a torre curva acaroada ao edificio principal. Os muros son de cachotaría e utilizouse cantaría para as ventás abucinadas. A cuberta é de laxas de lousas.